20 de abr. de 2012

PREMIOS ARTFAD 2012


A-FAD, (Artistes i Artesans do Fad - Fomento das Artes e do Deseño) convoca os premios internacionais de arte e artesanía contemporánea, co obxectivo de estimular a investigación, a creación e a excelencia no campo dos oficios de arte.
Cada autor pode presentar ata 5 obras de temática e técnica libre, e a partir da documentación recibida farase unha selección de 15 ou 20 traballos para formar parte dunha exposición na cal o xurado escollerá os gañadores e finalistas de cada categoría (Profesionais e Estudantes).
O material solicitado na bases enviarase ás oficinas do A-FAD. O prazo de inscrición finaliza o 6 de maio.
Bases completas e formulario na documentación adxunta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario