15 de maio de 2012

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS, 18 DE MAIO DE 2012


FESTA DIM
Día Internacional do Museo 2012
“Museos nun mundo cambiante. Novos retos, novas inspiracións”
Programación no MARCO
Venres 18 e sábado 19 de maio
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA 

Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) convida aos museos do mundo enteiro a celebrar o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte. O lema para o DIM 2012 é “Museos nun mundo cambiante. Novos retos, novas inspiracións”, que se centra tanto no crecemento dos museos e a construción do seu futuro, como nas posibilidades abertas polas redes sociais e os novos medios de comunicación electrónicos. Unha vez máis, o MARCO súmase a esta celebración e ofrece unha programación especial o venres 18 e sábado 19 de maio, con actividades para públicos de todas as idades, que se suman ás exposicións que se mostran en salas. MÁIS INFORMACIÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario