7 de maio de 2012

II ENCONTRO DE ARTISTAS NOVOS "CIDADE DA CULTURA"


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha o II Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura, no que cen creadores terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante seis días de convivencia e intercambio de coñecemento e ideas con outros axentes culturais. Dirixido a mozos nacidos entre 1977 e 1994 (ambos inclusive), o II Encontro de Artistas Novos terá lugar do 9 ao 14 de setembro e poderán optar a unha praza estudantes e licenciados en Belas Artes ou afíns e todos aqueles que demostren ter unha traxectoria ou proxecto artístico.
A Cidade da Cultura converterase, do 9 ao 14 de setembro, en escenario de intercambio onde reflexionar sobre aspectos esenciais da creación artística contemporánea e outros máis concretos e relacionados coa construción dunha obra e a súa proxección no mundo real.  Ao longo das seis xornadas de convivencia, os participantes, ademais de coñecer polo miúdo o complexo do Gaiás, realizarán visitas ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) e ao Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa Gas Natural da Coruña (MACUF). Poden optar a unha praza todos aqueles profesionais nacidos entre 1977 e 1994 e que non participaran na primeira edición. A convocatoria está dirixida tanto a estudantes e licenciados en Belas Artes e afíns como a todos aqueles que demostren ter unha traxectoria ou proxecto artístico. A solicitude deberá efectuarse antes das 15:00 horas do venres 29 de xuño xunto coa documentación requirida. Máis información

Ningún comentario:

Publicar un comentario