11 de maio de 2012

INCOART 2012, A FEIRA INDUSTRIAL, COMERCIAL E DE ARTESANÍA DE BERGONDO

A Feira Industrial, Comercial e de Artesanía de Bergondo, máis coñecida como Incoart 2012 celebrarase os días 11, 12 e 13 de maio, no polígono industrial do municipio. Será un gran escaparate onde se darán cita multitude de profesionais de distintos sectores, como a madeira, a construción, a artesanía ou a informática entre outros. Dentro da Feira de Artesanía, o evento tamén dará cabida a diversos postos de artesáns e demostracións de restauración, cestería, cerámica, téxtil, vidro ou coiro entre outros.
O obxectivo da feira de artesanía é dar a coñecer un sector con moitas posibilidades económicas e un gran potencial de riqueza. O que se pretende desde un primeiro momento é impulsar e promover o sector artesanal da zona e por outra dar a coñecer aos cidadáns uns oficios que dalgún modo foron esquecidos por mor dos avances industriais.                   

Ningún comentario:

Publicar un comentario