10/05/2012

XI CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE


O Centro Cultural da Deputación de Ourense convoca o XI Certame de Artes Plásticas co obxectivo de promover e apoiar os novos valores nos distintos campos das artes plásticas, destinado a premiar e difundir os traballos dos creadores máis novos. A convocatoria realízase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calquera outro tipo de expresión artística ( vídeo, arte dixital, instalacións, etc). A temática será libre e poderán participar todas as persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario