O Sindicato de Artesáns de Asturias convoca a XIV edición deste certame dotado cun único premio de 1.800 euros. O prazo para o envío de solicitudes finaliza o 1 de xullo.
Os interesados en participar deben enviar un dossier con varias fotos da peza, unha descrición da mesma, as súas medidas e valoración económica. As obras seleccionadas exporanse durante a celebración de ArteGijón 2012. Bases completas na documentación adxunta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario