23 de maio de 2012

YOSEBA MURUZÁBAL PRESENTA "BACANAL POR ENCARGO" EN FAC PEREGRINA


O pintor Yoseba Muruzábal (A Coruña 1984) presentará e rematará en vivo, o vindeiro venres 25 de maio no FAC Peregrina, a súa obra de encargo “Bacanal” composta por un panel de grandes dimensións no que retrata aos membros da familia FAC’er participando dunha bacanal romana e un retrato, tamén de grandes dimensións, do deus Baco. Con esta proposta o FAC Peregrina pretende afondar sobre a cuestión das obras por encargo como medio de supervivencia e produción, non sempre recoñecido, para o artista.
HORARIO: venres 25 de maio de 19 a 00:30 hs.
LUGAR: FAC Peregrina. Furancho de Arte Contemporánea. Lugar do Queiroal s/n, A Peregrina. Santiago de Compostela

Ningún comentario:

Publicar un comentario