04/06/2012

ANDREA PIÑEIRO GAÑA UN PREMIO NO CONCURSO DO PARLAMENT LYCÉEN EUROPÉEN

Foto do Faro de Vigo // EJA

Parabéns para Andrea Piñeiro, alumna de artesanía do coiro na nosa escola, que é unha nova deseñadora de xoias que segue sumando recoñecementos. En 2010 participou nunha exposición itinerante organizada polo Parlamento Europeo Estudantil de Escolas de Xoiería e o ano pasado gañou o Eurobijoux de Ouro cunha xoia chamada "Morrer de amor". E agora acaba de gañar un terceiro premio do concurso que organiza anualmente o Parlament Lycéen Européen. Este ano a cita celebrouse na cidade lusa do Porto e a xoia presentada por Andrea Piñeiro representaba precisamente unha guitarra portuguesa. Máis información...

1 comentario: