24/03/2013

Clase maxistral de Franklin Pereira

Cunha brillante clase sobre a historia das artes do coiro, Franklin Pereira --presentado polo mestre da EMAO Pepe Pereira-- clausurou o venres, no salón de actos da EMAO, a mostra 100x100 coiro, que durante mes e medio exhibiuse na nosa sala de exposicións, o Espazo EMAO.
Franklin fixo un didáctico percorrido, na primeira parte, polas orixes desta artesanía en oriente e occidente, facendo especial fincapé no legado andalusí na península ibérica.
Na segunda poidemos apreciar o seu fondo coñecemento e investigación sobre o uso artesano e artístico do coiro no mundo dos nosos días; un uso que coñece moi ben de primeira man, ao ter viaxado a diversos países de Europa, América e Asia, na percura tanto das orixes como da contemporaneidade desta arte milenaria.






Ningún comentario:

Publicar un comentario