25 de mar. de 2013

O Novo Libro de Federico Fernández


Acaba de publicarse o último traballo de ilustración do noso compañeiro Federico Fernández "Pin Uno, Pin Dos, Pin Tres" da editorial  alemá SchauHoer, unha edición bilingüe en castelán e alemán, trátase dun precioso libro que recolle rimas, xogos e cancións infantís recompiladas por Michaela Schwermann que inclúe un CD.
Federico Fernández Alonso é licenciado en Belas Artes, na especialidade de Pintura, pola Universidade de Vigo. Realizou diversos traballos de rotulación e de deseño de carteis. Durante o curso 1999-2000 traballa no Instituto de Formación e Estudos Sociais de Galicia, para o que ilustra varios CD-ROM e guías. No campo plástico realizou numerosas exposicións tanto individuais como colectivas de pintura e gravado. Traballou como ilustrador para as editoriais Kalandraka e Xerais. Recibiu o Premio Nacional de Ilustración 2002 pola obra "Onde perdeu a Lúa o riso".
Tivo multiples colaboracións en publicacións como A Voz de Galicia ou a revista cultural Ollo Público. Hoxe segue ilustrando libros, pintando e expoñendo, alternando estas actividades coa de profesor de debuxo na nosa Escola de Artes e Oficios, ademais de xestionar e comisariar exposicións no espazo alternativo "O Halcón Milenario" un dos seus últimos proxectos. 
Parabéns, Federico!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario