02/04/2013

A Editorial Kalandraka Cumpre o seu 15º Aniversario no Día do Libro Infantil e Xuvenil


KALANDRAKA cumpre hoxe -Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil- o seu 15º aniversario. Dende a súa fundación o 2 de abril de 1998, a editorial leva publicados máis de 1300 títulos en diferentes linguas. Outro acontecemento relevante nesta semana do Día do Libro Infantil e Xuvenil é o fallo do VI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, que convocan Kalandraka e o Departamento de Educación de Santiago. O xurado emitirá o seu veredicto este venres 5 de abril despois de avalir os máis de 400 traballos que enviaron autores e ilustradores de todo o mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario