07/06/2012

ARTE INTRUSA 2013


Arte Intrusa é unha convocatoria para o uso do espazo expositivo do Vestíbulo do Centro Comarcal de Humanidades Cardeal Gonzaga Sierra Norte (Comunidade de Madrid), para a exposición temporal (individual ou colectiva) de obra de carácter artístico e/ou cultural, aberta a artistas plásticos, artesáns/as, asociacións culturais, calquera que sexa a súa procedencia ou nacionalidade. O prazo de recepción de solicitudes expira o 30 de novembro de 2012.
Esta Arte Intrusa exhibirase no espazo do Vestíbulo ao longo do 2013, en exposicións de 25 días de duración aproximada, e que convivirá cos numerosos visitantes, adultos e nenos, que gozan dunha cunca de café, acoden ao teatro ou ao cine, visitan a Biblioteca, ou asisten aos talleres do Centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario