Hoxe martes 12 de xuño ás 12h o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a
concelleira da Área de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, presentaron o
programa da 8ª edición do festival de jazz Imaxina Sons. Na rolda
de prensa participou o compositor e músico Nani García, director
artístico do festival. A cidade de Vigo continuará este ano sendo unha
referencia para o jazz europeo coa celebración do festival que,
organizado desde o concello, desenvolve a súa oitava edición do 21 ao 30
de xuño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario