20 de xul. de 2012

Exposición: "R/EVOLUCIÓN ARTESANAL. Deseño e Artesanía Española"



Fundesarte presenta unha nova exposición titulada "R/Evolución artesanal. Deseño e artesanía española" que se poderá visitar ata o 31 de agosto, en horario de 8.00 a 15.00 horas de luns a venres (rúa General Zabala, 12. Madrid). A exposición, organizada pola plataforma Homeless Design Network, recompila unha serie de pezas realizadas en colaboración entre deseñadores e artesáns de España. Nela poderanse ver obras de distinta índole, desde mobles de madeira ata obxectos de cerámica ou lámpadas de esparto. Unha coidadosa selección que evidencia a creatividade e a calidade do traballo das novas xeracións de artesáns e deseñadores que traballan de xeito colaborativa. 
A plataforma Homeless Design Network é un proxecto global cuxo obxectivo é converterse nunha web de referencia que facilite a cooperación entre artesáns e deseñadores a través dun sistema de geolocalización que promova a colaboración entre quen deseñan un obxecto e aqueles artesáns interesados en producilo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario