12 de xul. de 2012

Galicia Fashion Week, Semana da Moda de Galicia


Unha edición máis Santiago de Compostela convértese na capital e escaparate da creación galega, durante unha semana celebraranse desfiles e actividades relacionadas co mundo da moda. O núcleo central desta edición terá lugar na fin de semana cando se celebre a pasarela GFW na que seis creadores (Katuxa Platero, Cabuxa, Livob, Perdona Bonita, Ana Paradelo, Eva Outeiral e Matteos) exhibirán as súas propostas de moda e de xoiaría. Nesta ocasión, o programa de actividades da VII edición do encontro inclúe abondosas exposicións en diferentes puntos da cidade. Desde Área Central (a mostra “Andante” que ofrece pezas inspiradas na horma dun zapato) , o parador dos Reis Católicos (cunha mostra do traxe de Juanjo Olivas) ou o Dado dadá (cunha creativa mostra fotográfica “The fashion view”). Máis información...

Ningún comentario:

Publicar un comentario