25 de ago. de 2012

Demostracións en vivo de Ourives de Compostela na Praza do Toural en Santiago

Foto de Xoán A. Soler


A Asociación de Ourives de Compostela celebra hoxe sábado unha nova demostración do proceso de elaboración de diferentes pezas de ourivería para deleite dos asistentes. O evento ten lugar na Praza do Toural de Santiago, en horario de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas, e conta co éxito de visitantes de anteriores edicións. A Asociación Ourives de Compostela quere transmitir a importancia do tradicional, promocionar o oficio e dar un valor engadido aos produtos. O feito de sacar os obradoiros á rúa é unha garantía para os clientes porque observan directamente a actividade dos creadores e comprenden o esforzo que hai detrás de cada peza, ao tempo que teñen a oportunidade de adquirir os produtos expostos á venda. Son moitos os profesionais que traballan a ourivería e a talla do acibeche, en especial en Santiago, dentro do estilo tradicional pero tamén empregando este material en deseños modernos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario