17/09/2012

Cuso de CineArte "A Pantalla como Lenzo" organizado polo MACUF


O Museo de Arte Contempóranea Gas Natural Fenosa organiza o CURSO DE CINEARTE "A PANTALLA COMO LENZO" Impartido por: Javier G. Trigales
Sábados do 6 de outubro de 2012 ao 26 de xaneiro de 2013, de 11.00 a 14.00 horas, 36 horas presenciais en 12 sesións de 3.00 horas. O curso fará un percorrido xeral e heterodoxo polas relacións entre cine e arte, desde o seu nacemento ata os nosos días. Rastrexaremos as conexións que establece coa pintura, a música ou a fotografía, estudaremos as vangardas e coñeceremos aos artistas que se converteron en cineastas. Descubriremos as obras audiovisuais que enchen as salas de exposicións e museos de todo o mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario