26/09/2012

Nelson Villalobos, ¡ata sempre!


Vaise. Sempre o dixo: o meu paso pola Escola de Artes e Oficios é temporal; quero ensinar, comunicar o que sei, transmitir a miña experiencia, compartir co alumnado, durante un tempo, unha vivencia de coñecemento e creación en común. Correspóndeme devolver á sociedade, deste xeito, unha parte do que a sociedade me deu.
Pero o seu tempo é para a creación libre (como él).
Non quixemos crélo, non desexabamos crélo.
Pero Nelson é dos que cumpren, e acaba de anunciarnos que deixa xa a docencia na EMAO para adicar todos os seus esforzos e tempo á creación artística, ao seu obradoiro, aos seus proxectos editoriais, a todo iso esencial que se volvera incompatible coas esixencias dun centro educativo.
¿Deixar un traballo seguro en plena crise?... pero ¿hai pior crise que a de non facer o que un desexa esencial e fondamente?... e iso sábeo ben este cubano vigués que encandilou ao alumnado do seu obradoiro na Escola nos últimos catro cursos cos segredos da súa paixón pola arte e o traballo ben feito, sen gardarse nada, como fan as persoas sabias.
Botarei de menos a súa presencia na Escola, a súa aportación ao obxectivo de abrila ao que ocorre no mundo exterior. Pero non botarei de menos as longas e pausadas paroladas con el: esas continuarán, sen a pesada carga de exercer de director cando un o que desexa, neses momentos, é ser amigo.
E queda agora no vello caserón de García Barbón o soave arrecendo que deixa o Caribe nas areas desa Cuba que amamos, e que ti tamén nos trouxeches sen a penas nomeala.
Déixame rematar co poema de Alexandre O´Neill que me veu á cabeza cando me comunicaches a túa firme decisión que, con toda a mágoa da conciencia da perda que a túa marcha supoñía para a Escola, comprendín de inmediato:

Perfilados de medo, agradecemos 
o medo que nos salva da loucura. 
Decisão e coragem valem menos
e a vida sem viver é mais segura. 
 Aventureiros já sem aventura, 
perfilados de medo combatemos 
irónicos fantasmas à procura 
do que não fomos, do que não seremos. 
Perfilados de medo, sem mais voz, 
o coração nos dentes oprimido, 
os loucos, os fantasmas somos nós. 
Rebanho pelo medo perseguido, 
já vivemos tão juntos e tão sós 
que da vida perdemos o sentido… 

Sorte Nelson! Grazas e ata sempre!

Rafael Ojea Pérez
Director en funcións da EMAO

Permíteme o atrevemento de encabezar esta despedida con ese retrato teu que fixemos onte no meu despacho (compartindo esa común afección á fotografía), aproveitando esa luz tenue que cada día entra polas ventás da rúa Pontevedra para lembrarnos o compromiso que temos de reencontranos con esta cidade.

3 comentarios:

  1. Ata sempre Nelson, e moita sorte cos teus novos proxectos.

    ResponderEliminar
  2. Nelson estás vivo, no?
    Suerte, mucha vida.

    ResponderEliminar
  3. RAFAEL, NELSON TRAJO A LA ESCUELA MAGIA, LA MAGIA EL ARTE, Y LA MAGIA DEL CARIBE. ESPERO QUE ESA MAGIA NO SE DISIPE EN LA ESCUELA, PERO SIGUE EN LA CIUDAD Y AHI ESTAMOS TODOS SUS AMIGOS Y ALUMNOS PARA SEGUIR CULTIVANDOLA CON EL.

    UN TEXTO MUY EMOTIVO.

    SALUDOS!!!.

    ResponderEliminar