26 de out. de 2012

20 X UNICEF


20 X UNICEF, este é o título da exposición que se mostrará desde o 31 de outubro ata o 25 de novembro na Sala de Exposicións II do Centro Social NOVACAIXAGALICIA, en Vigo, a beneficio de UNICEF, comisariada polo artista vigués, Mingos Teixeira.
Nesta exposición participan 20 artistas, entre eles queremos destacar ás nosas profesoras de serigrafía artística e de pintura, Alba Pardo e Paula Mariño. Destacar tamén que é a primeira exposición en España co sistema de arte gráfica DIGIGRAPHIE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario