18 de out. de 2012

Códices: Xoias das Catedrais Galegas na Idade Media


Códices  
Xoias das catedrais galegas na Idade Media

27 set - 6 xan
Museo Centro Gaiás
Códices propón unha inmersión nunha Idade Media afastada dos tópicos oscurantistas; unha Idade Media de luminosidade e desenvolvemento cultural, de miniaturas, imaxes, cores, manuscritos e imprentas... A viaxe levará ao visitante polas principais mostras de códices e libros medievais entre os séculos X e XV, con exemplares únicos en Europa, como o Códice Calixtino e os diversos tombos, o primeiro libro impreso en Galicia, caso do Misal Auriense, ou magníficas copias miniadas, como a Legenda Maior ou o Pasionario Tudense.
Horarios
  • De martes a domingo: 11:00 a 20:00 h.
  • Luns pechado
  • Entrada de balde  

Ningún comentario:

Publicar un comentario