29 de out. de 2012

"Fotográfos. A Vontade de Contar": homenaxe a fotografía documental española


Con "a vontade de contar e pervivir no tempo", o fotógrafo Enrique Cano (Madrid, 1957) rende unha homenaxe á fotografía documental en España e a aqueles profesionais da fotografía que retrataron a historia deste país nas últimas catro décadas, a través de móstra Fotógrafos. A vontade de contar.  Dous anos tardou en seleccionar aos fotógrafos que forman parte da xeración de profesionais gráficos máis importantes de España. Entre os protagonistas atópanse varios premios nacionais de Fotografía como Toni Catany, Joan Colom, Alberto García-Alix, Ramón Masats, Carlos Pérez Siquer ou Rafael Sanz Lobato, e varios gañadores do World Press Photo como Manuel Hernández de León, Cristina García Rodero ou Manuel Barriopedro.
A exposición permanecerá aberta do 30 de outubro ao 30 de xaneiro no hall do Auditorio da segunda planta do Espazo Fundación Telefónica (Madrid).

Ningún comentario:

Publicar un comentario