25/10/2012

O Día da Biblioteca, 24 de Outubro de 2012


Onte, 24 de outubro, celebrouse o Día da Biblioteca, unha efeméride que pon en valor as bibliotecas como servizos culturais e informativos de máxima relevancia para unha sociedade avanzada, necesarios para mellorar a calidade de vida e a formación do conxunto da cidadanía en condicións de igualdade. Por tratarse dunha celebración especial, as bibliotecas nodais de Galicia da Consellería de Cultura e Educación aproveitaronn o día para realizar unha xornada de portas abertas, durante a que convidaron a cidadanía a participar en visitas guiadas para amosar todos os servizos que ofrecen os centros bibliotecarios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario