19 de nov. de 2012

"Artistas": 2º Proxecto de Visibilización das Obras Artísticas das Alumnas da Facultade de Belas Artes e de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo


É un proxecto destinado a apoiar ás alumnas que terminan os seus estudos de grao e posgrao na Universidade de Vigo e que empezan a súa andaina no espazo profesional. O obxectivo do proxecto é buscar novas redes de difusión para dar visibilidade aos seus traballos. Está promovido pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e comisariado polas profesoras da Facultade de Belas Artes Mar Caldas e Almudena Fernández Fariña.
Esta segunda edición do proxecto conta con tres accións: unha exposición na fachada da biblioteca do Campus de Ourense (Belén Naveira, Cynthia Alfonso Barreiro, Irene Saíñas, María Prada, Nuria Bouzas Loureiro e Sabela R. Zamudio), unha edición de postais distirbudías polos vestíbulos dos edificios máis transitados da universidade e unha publicación que recolle documentación e obra das accións anteriores. Este volume enviarase a axentes culturais do ámbito do comisariado, da crítica, da dirección de institucións artísticas e a institucións culturais, galerías e centros de arte contemporánea do estado español e do estranxeiro. Máis información...

Ningún comentario:

Publicar un comentario