26/11/2012

"El Año que Viene" a Nova Exposición do Halcón Milenario


 
O vindeiro venres día 30 de novembro inaugúrase "El año que viene", última exposición da segunda tempada. A exposición serve para presentar a súa primeira edición gráfica, un calendario do 2013 con varios dos artistas que pasaron por este espazo. Despues de cinco meses de portas pechadas, preparando esta e as exposicións do 2013, o venres ás 20:30 O Halcón  Milenario estará encantado de recibir as vosas visitas.  Os comisarios deste espazo son Federico Fernández, Marián Núñez, Colomán e Germán Pintos.
"El año que viene"poderase visitar todos os venres de decembro en horario de 20:30 a 23:30.

Ningún comentario:

Publicar un comentario