Este sábado estivemos no aniversario do escultor Silverio Rivas. 70 anos de creatividade e bo facer. Silverio celebro o seu aniversario coa presentación da súa nova escultura Equus 70 título que fai referencia ao especial día da súa presentación en sociedade. A monumental obra de 80 toneladas de granito atópase nos talleres de granitos Vincios, esperando destino. Como Silverio comentounos foi unha obra concibida como irmandamento entre os pobos de Tui e Versmold en Alemaña. Debido ás súas dimensións, aínda non é segura a súa localización; a pesar disto, decidiu facela igualmente, do mesmo xeito que fará unha con cada ano que cumpra, como nos contaba co seu característico humor.
Moitas Felicidades Silverio, que cumpras moitas Obras máis.
Rosa García
Profesora de escultura da EMAO
Profesora de escultura da EMAO
Ningún comentario:
Publicar un comentario