14 de dec. de 2012

Exposición temporal "Rezos e Conxuros" no Museo Liste de Vigo


EXPOSICIÓN TEMPORAL "DE REZOS A CONXUROS"
Lugar: Sala de exposicións temporais do Museo.
Datas: dende o 15 de decembro.
Soporte didáctico: Pezas propiedade do Museo Liste Vigo e procedentes de
coleccións privadas.
Contido: Máis de cen obxectos aos que se lle asignan propiedades preservativas defensivas,
sandadoras ou propiciatorias son a clave desta exposición.

Contará cunha Xornada de Comunicación "Obxectos de Poder" a cargo do comisario da exposición, o profesor Carlos Solla Varela, escritor, etnógrafo e experto no ámbito da mitoloxía galega, que disertará sobre os obxectos de poder: amuletos, talismáns e pedras da fartura, as súas propiedades e vixencia na actualidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario