12/12/2012

III Xornadas de Arte Española Contempóranea



O MACUF da Coruña acolle os días 14, 15 e 16 de decembro as últimas sesións do proxecto Arte Española Contemporánea iniciado cunhas primeiras xornadas na Fundación Helga de Alvear de Cáceres e seguido polas conferencias das segundas xornadas na Casa Encendida de Madrid. Tres sedes e tres programas nos que participaron recoñecidos historiadores da arte, comisarios, críticos e demais expertos para expor e debater sobre a actual situación da arte española: as súas características, os seus protagonistas e as súas futuras derivas.
Para os interesados en asistir ás conferencias no MACUF, as charlas terán lugar de 11 a 19 horas, os dous primeiros días; e de 11 a 14:30 o último días. Coa participación do director do proxecto Rafael Doutor e os codirectores Tania Pardo e Sergio Rubira, así como doutros especialistas como David Varro, Beatriz Herráez e Glòria Picazo entre outros. As prazas son limitadas e a cota de inscrición é de 30 euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario