17 de dec. de 2012

Inaguración da sinalizacións do Roteiro en Feminino "Sons de Mulleres"


O sábado 15 de decembro ás 12:00 h. foi a inauguración das sinalizacións do roteiro "Sons de mulleres", proxecto de Mulheres Nacionalistas Galegas que conta co apoio e colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e que foi concibido como o I Roteiro en Feminino de Vigo co obxectivo de visibilizar as mulleres que, individual ou colectivamente, teceron a historia de Vigo. Leva por quince puntos situados fundamentalmente no casco histórico da cidade, nos que, dun ou doutro xeito, as mulleres deixaron a súa pegada e a súa contribución á identidade de Vigo, aínda que a propia historia da cidade as teña silenciadas. Este acto tivo lugar no punto nº 14 no espazo contra a Violencia de Xénero (situado na rua Ronda de Don Bosco, ao lado do Marco).

Ningún comentario:

Publicar un comentario