Carlos Cruz-Díez (Caracas, 1923), un dos máximos representantes da arte óptica, foi galardoado co Premio Penagos de Debuxo da Fundación Mapfre, outorgado á traxectoria dun artista que na súa carreira dedique unha especial atención ao debuxo.
O Premio Penagos de Debuxo creouse en 1982 en memoria do debuxante Rafael de Penagos (Madrid, 1889-1954), considerado como o máis importante representante do movemento de renovación que se produciu no campo da ilustración gráfica española durante os anos 20 e 30.
Ningún comentario:
Publicar un comentario