31 de xan. de 2013

Aniversario do Nacemento de Concepción Arenal

Ferrol, 31 xaneiro 1820 - Vigo, 4 febreiro 1893
Tal día como hoxe, hai 193 anos, nacía no Ferrol, Concepción Arenal Ponte, escritora e activista social. Sorteando as dificultades que na súa época opoñíanse ao acceso das mulleres á universidade, estudou en Madrid Dereito, Sociología, Historia, Filosofía e idiomas (tendo ata que acudir a clase disfrazada de home). Concepción Arenal dedicou a súa pluma á reivindicación das situacións marxinadas; escribiu para que a lesen, para que a entendesen, para que os seus lectores participasen nos seus ideais. Un dos aspectos máis progresistas de Concepción Arenal é a súa consideración da muller como ser humano marxinado a quen hai que axudar, estimular e respectar, educándoa na dignidade da súa propia condición. 
Como escritora, Concepción Arenal elixiu o xénero e os medios máis accesibles aos lectores: o xénero epistolar e o folletín. Próxima ao krausismo, pronto foron coñecidas as súas críticas á inxustiza social do seu tempo (particularmente contra a marginación da muller, a condición obreira e o sistema penitenciario), fundamento dun reformismo social de raíz católica. Elaborou unha ampla obra escrita, na que reflexionaba sobre propostas como a legitimidad da guerra xusta en defensa dos dereitos humanos (Ensaio sobre dereitos de xentes), a orientación do sistema penal cara á reeducación dos delincuentes (O visitador do preso) ou a intervención do Estado en favor dos desvalidos (A beneficencia, a filantropía e a caridade). Como penalista propuxo unha función educativa do sistema penitenciario que reformase ao delincuente en lugar de castigalo, insistindo sempre na reeducación e inserción social dos presos.
Concepción escribe en 1860, "A beneficencia, a filantropía e a caridade", que presentará ao concurso que convoca a Academia de Ciencias Morais e Políticas, baixo o nome do seu fillo Fernando García Arenal, que ten entón 10 anos, co paso do tempo este neno converterase en Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, exercerá de profesor da Institucion Libre de Ensino (ILE), virá destinado ao Porto de Vigo e máis tarde será profesor e director da nosa Escola de Artes e Oficios.
O catro de febreiro de 1893, Concepción Arenal falece en Vigo. Ao día seguinte foi enterrada na nosa cidade nun dos máis populosos enterros que se recordan. É o seu epitafio o lema que a acompañou durante toda a súa vida: Á virtude, a unha vida, á ciencia.
Na nosa centenaria Biblioteca conservamos 16 volumenes das "Obras Completas de Dª Concepción Arenal", editadas en Madrid: Librería de Victoriano Suárez, 1894-1900. 



29 de xan. de 2013

Extratexias Visuais da Persuasión. Historia do Cartel


ESTRATEXIAS VISUAIS DA PERSUASIÓN
HISTORIA DO CARTEL

Impartido por: Tonecho Otero


23 de febreiro e 2, 9,16 e 23 de marzo de 2013
bados de 17.30 a 19.30 horas

10 horas presenciais en 5 sesións de 2 horas

O curso “Estratexias visuais da persuasión” abordará de forma visual e creativa a Historia do Cartel, desde as súas orixes no século XIX ata a actualidade. Para iso non se seguirá unha rigorosa orde cronolóxica, senón que se trazarán diferentes liñas temáticas, con carácter evolutivo, que  permitirán partir dos primeiros prototipos ata a sua pervivencia na actualidade. Analizaranse tanto os aspectos formais do deseño gráfico (e tipográfico) como os conceptuais, as estratexias de persuasión. Incidirase na relación entre Arte e Cartel, as influencias recíprocas da pintura, a fotografía (e o fotomontaxe) e das novas manifestacións artísticas en relación coas novas estratexias de marketing viral e ambient media. Gran parte do curso centrarase na evolución do cartel a través da análise das técnicas creativas máis utilizadas e eficaces. Máis información

28 de xan. de 2013

I Certame de Poesía en Lingua Galega "Manuel María"

A Casa de Galicia en Guipúzcoa organiza o I Certame de poesía en lingua galega "Manuel María".
  • As obras que concursen han de ser inéditas
  • De entre 40 e 90 versos
  • Os premios serán de 400, 200 e 100 € para o 1º, 2º e 3º clasificado ou clasificada respectivamente
  • A recepción dos orixinais rematará antes do 18 de marzo de 2013
  • Os premios fallaranse o 18 de maio de 2013    
Bases completas (picar aquí para descargar)

25 de xan. de 2013

Exposición Casto Sampedro, 75 Anos do seu Pasamento



Do 24 de xaneiro ó 28 de febreiro pode visitarse no Multiusos Piñeiral do Crego a mostra coa que o Concello de Redondela rinde homenaxe a este distinguido persoeiro redondelán, creador da Sociedad Arqueológica e fundador do Museo de Pontevedra, no 75 aniversario do seu pasamento. Na mostra participaron diferentes estudiosos como Amado Ricón, Julio Alonso Monteagudo, José Martínez Crespo, Carlos L. Bernárdez, Xavier Groba, e Ángel Núñez Sobrino, ofrecendo unha visión polimórfica (a nivél humano, histórico, artístico, e musicolóxico) das grandes aportacións que Don Casto Sampedro ten realizado á nosa cultura e folclore: o grande labor reallizado ó inventariar o noso patrimonio artístico (Sociedad Arqueológica), e como compilador do noso folclore como autor do Cancionero Musical de Galicia.
Organiza Concellería de Cultura, Concello de Redondela. Colabora Deputación de Pontevedra. Museo de Pontevedra.

24 de xan. de 2013

120 Aniversario do Falecemento do Poeta e Dramaturgo José Zorrilla



Onte, 23 de xaneiro, foi o 120 aniversario do pasamento de José Zorrilla (1817-1893), mundialmente famoso pola súa versión de "Don Juan Tenorio", o poeta e dramaturgo español, deixou tamén un amplo legado lírico e de poesía non dramática, como a reunida nas súas "Lendas e tradicións". No fondo histórico da nosa biblioteca temos alguhnas das súas obras: A lenda do Cid (a edición de 1892), Ecos das montañas (edición de 1894), Poesías (edición de 1894)... Nas fotos "As lendas de D. José Zorrilla" edición de Manuel Pedro Delgado. Madrid, 1901, 1901.  Encadernación en medio pergamino e tea editorial orixinal con gofrados e dourados en tapas e lomera. Publicada baixo a dirección artística de Don José Ramón Mélida. Ilustrada por Ferrant, Jimenez Aranda, Maura, Mélida, Pla, Sala, Simonet, Sorolla, Unceta, Urrabieta Vierge. Cun prólogo de d. Jacinto Octavio Picón. Reproducións en cor de C. Angerer e Goeschl, Tiradas en cor de A. Lahure. Reproducións en plancha de cobre de P. Dujardin. Fotograbados en Zinc de Laporta irmáns. Litografias de Julián Palacios.

Programación do Museo Etnográfico Liste-CAT



Programación do Museo Etnográfico Liste- CAT para o 1º trimestre do 2013.

23 de xan. de 2013

Probas de Acceso a Universidade para Maiores de 25 Anos

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) convoca as probas de acceso a Universidade para maiores de 25 anos. Soamente poderán concorrer á devandita proba, as persoas que cumpran os 25 anos de idade antes do día 1 de outubro do ano natural no que se celebre a proba e que non posúan un título de bacharelato. 
Prazo de matrícula: ata o 14 de febreiro de 2013 nos LERDs. 
Máis información na CIUG: 981 528 080 e en http://ciug.cesga.es

225 Aniversario do Nacemento de Lord Byron


Onte cumpríronse 225 anos do nacemento de poeta romántico inglés George Gordon Byron (1788-1824), por ese motivo mostrámosvos as fotos da primeira biografía publicada sobre Lord Byron, polo seu amigo o poeta irlandés Thomas Moore (1779-1852), titulada "The Letters and Journals of Lord Byron" (As cartas e diarios de Lord Byron). Moore foi o seu albacea literario, e malia a súa amizade co poeta, viuse obrigado pola familia deste a destruír as memorias que lle legou, pois temía que a súa publicación puidese deteriorar aínda máis a reputación de Lord Byron. A primeira edición publicouse en Londres por John Murray en 1830, a nosa biblioteca histórica posúe os dos volumes da editada en Paris por Baudry's European Library en 1833.

19 de xan. de 2013

Imaxes da Clausura da Exposición " O Cadro Colga da Parede como unha Arma de Caza ou un Sombreiro"






Este venres pasado tivo lugar a clausura da exposición "O Cadro Colga da Parede como unha Arma ou un Sombreiro", un proxecto expositivo de Ania González para o Espazo Emao, unha reflexión sobre a función estética, práctica e simbólica da arte.
Con motivo desta clausura presentouse a publicación en formato Fanzine creada polo artista visual Tayone (Vigo, 1980) e producida na Aula de Serigrafía Artística da Escola; unha escolma gráfica e textual dos materiais e actividades que formaron parte do proxecto expositivo.

18 de xan. de 2013

VI Premio Internacional Compostela para Álbums ilustrados


O CONCELLO DE SANTIAGO E KALANDRAKA 
DOTADO CON 9.000 EUROS AO MELLOR ÁLBUM ILUSTRADO

O Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka Editora convocan o VI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos concluirá o 1 de marzo de 2013 e o fallo do xurado darase a coñecer arredor do 2 de abril, no marco do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e das actividades da XIII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

17 de xan. de 2013

A Nova Iluminación de CAIM

Carlos Corral e Xaime Rivas

Obradoiro de Gaita e Zanfona

Os mestres de Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais, de Gaita (Carlos Corral) e de Zanfona (Xaime Rivas) inauguraron o novo alumado do seu obradoiro o pasado martes 15 de xaneiro. Parabéns!!!

16 de xan. de 2013

Presentación do libro ÉVAME de Carlos Oroza

A Editorial Elvira presenta o libro ÉVAME de Carlos Oroza
no acto estarán presentes os poetas Pere Gimferrer e Xosé L. Méndez Ferrín.
O 17 de xaneiro no Centro Social Novacaixagalicia
rúa Policarpo Sanz, 24, de Vigoás 20,30 h.
Recórdovos que a Editorial Elvira, é un proxecto editorial no que participa activamente o noso antigo mestre de Serigrafía Artística, Nelson Villalobos, co propósito de continuar a tradición que une literatura e artes plásticas, volvendo ás orixes que deron lugar ao "libro obxecto" nos anos vinte. Desta xoia bibliográfica imprimíronse 1000 exemplares, 150 dos cales formarán parte dunha edición especial, numerada e asinada personalmente polo poeta, que incluirá un cartafol con 7 serigrafías orixinais dos debuxos de Carlos Oroza, tamén asinadas e numeradas.
 

15 de xan. de 2013

Clausura da Exposición "O Cadro Colga da Parede como unha Arma de Caza ou un Sombreiro"

 
Este venres 18 de xaneiro terá lugar no Espazo EMAO da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo ás 20:00 h o acto de clausura da montaxe expositiva "O cadro colga da parede como unha arma de caza ou un sombreiro".
Durante o acto terá lugar a presentación da publicación en formato Fanzine creada polo artista visual Tayone (Vigo, 1980) e producida na Aula de Serigrafía Artística da Escola; unha escolma gráfica e textual dos materiais e actividades que formaron parte do proxecto expositivo.
Agardámosvos a todos para por punto final a este proxecto e compartir con vós o traballo feito para a publicación. 

14 de xan. de 2013

Brinde pola Nova Iluminación do Obradoiro de Gaita e Zanfona


Mañá, martes 15 de xaneiro ás 19:00 h, os mestres de gaita e zanfona invítannos a todo persoal da escola, ao seu obradoiro, para brindar pola nova iluminación que dá outra luz ao seu espazo de traballo.

9 de xan. de 2013

Charla de Mauro Trastoy "Artesanista" na Biblioteca da Emao

MAURO TRASTOY // ARTESANISTA
Sala da Biblioteca EMAO
Venres, 11 de xaneiro de 2013, ás 19:30 hs.
García Barbón 5, Vigo



Dentro do marco da exposición "Ou cadro colga dá parede como unha arma de caza ou un sombreiro" ideada por Ania González para a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO) como unha montaxe a través do que reflexionar sobre canto de cousa hai nun obxecto artístico e canto de obxecto artístico hai nunha cousa , o vindeiro venres 11 de xaneiro terá lugar ás 19:30 h unha charla-presentación do traballo artístico de Mauro Trastoy (Ferrol, 1971).

Baixo o título ARTESANISTA, Mauro Trastoy compartirá connosco un percorrido comentado pola súa obra desde o ano 2004 ata a actualidade a través de imaxes propias e alleas utilizadas a modo de ilustración. Este percorrido supón unha ocasión excepcional de coñecer de primeira man, da man do "artesanista", aqueles elementos constitutivos do seu traballo de creación pertencentes ademais en todo caso, a algunhas das cuestións fundamentais da arte tales como o diálogo do creador cos materiais, a súa relación co binonio realidade virtual/realidade física, a función ou "utilidade" dos obxectos artísticos, o proceso de construción das súas obras, a relación entre o boceto e a obra terminada, a revisión das técnicas dalgúns oficios tradicionais ou o sentido das obras dentro dun mercado concreto.
Un percorrido aberto e compartido que trata de acentuar e dar forma a un dos significados que paulatinamente vai cobrando maior importancia na potentísima fragilidad da obra de Mauro Trastoy: o carácter comunal da creación artística.

Mauro Trastoy (Ferrol, 1971). Licenciado en BBAA pola universidade de Salamanca, 1995. Beca Erasmus na Künsthochshule de Kassel (Kassel, Alemania), 1994. Beca de residencia no Kulturmodell (Passau, Alemania), 2006. Bolsa en residencia San Martiño Pinario (Santiago de Compostela, A Coruña), 2005. Participa en múltiples exposicións colectivas desde o ano 1991 en España, Países Baixos, Alemania e Portugal e expón individualmente desde o ano 1995 en galerías galegas como Pomba Pintos, Espazo 48 ou Sargadelos e espazos como Zona C ou FAC Peregrina. Acode a feiras de arte contemporáneo como Arte Santander, Art Lisboa, Art Salamanca, Art Madrid e Espazo Atlántico da man da Galería Marisa Marimón coa que traballa actualmente. A súa obra forma parte das coleccións FAC peregrina (Furancho de Arte Contemporánea) en Santiago de Compostela, CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) en Santiago de Compostela, Norte da Diputación de Cantabria e Litonor en Santiago de Compostela.

VII Bienal de Cerámica do Vendrell


Organizada polo Concello do Vendrell (Tarragona), ten como obxectivo fomentar a creación e a difusión da cerámica de todo o mundo. Cada participante pode presentar ata tres obras que deberán ser orixinais e inéditas. Coas obras seleccionadas o Concello organizará unha exposición, en outubro de 2014, para os tres gañadores. Enviar por correo ordinario (nun CD) ou por correo electrónico a documentación solicitada nas bases, antes do 14 de xuño. 

8 de xan. de 2013

Presentación do libro "Évame" de Carlos Oroza

A Editorial Elvira presenta o libro ÉVAME de Carlos Oroza, 
no acto estarán presentes os poetas Pere Gimferrer e Xosé L. Méndez Ferrín.
O 17 de xaneiro no Centro Social Novacaixagalicia
rúa Policarpo Sanz, 24, de Vigoás 20,30 h

A Editorial Elvira nace a principios do ano 2012, na cidade de Vigo, co propósito de continuar a tradición que une literatura e artes plásticas, volvendo ás orixes que deron lugar ao "libro obxecto" nos anos vinte. Sobre este ideal crea o que será o seu buque insignia, a "Colección detrás do Marco", que consta tanto de textos poéticos como de relatos curtos, con edicións limitadas que non superan os 300 exemplares, realizados na súa totalidade de forma artesanal mediante medios serigráficos, numeradas e asinadas polo escritor e o artista.
Agora, un ano despois e sen abandonar o espírito e os ideais que se manteñen na "Colección Detrás do Marco", Editorial Elvira abre unha nova vía editorial, con edicións de maior tirada, pero nas que perdura á súa vez o propósito inicial de crear un libro que adquira valor non só polo seu contido, senón polo seu continente, a súa materialidade, a súa unión entre o texto e a imaxe, e faio cunha obra que seguramente
terminará converténdose en referencia dentro do panorama poético español, Évame, de Carlos Oroza. O poeta, Pere Gimferrer, prologa esta xoia bibliográfica.

Exposicións no Concello de Cangas



Charla con Mauro Trastoy "Artesanista" na Biblioteca da Emao

 MAURO TRASTOY // ARTESANISTA
  Hemeroteca da Biblioteca EMAO
Venres 11 de xaneiro de 2013 ás 19:30 hs.
García Barbón 5, Vigo

...Ver máis

7 de xan. de 2013

Comezan as clases!!!


Comeza o 2º trimestre, volvemos a clase, recuperámonos dos excesos das festas e retomamos o ritmo habitual. A biblioteca espéravos a todos, temos novos títulos que se incorporarán ao catálogo en breve tempo, seguro que hai algo que vos interesa. Animarvos!