20 de feb. de 2013

Michael Nadeau, Artista do Coiro, na Emao

Michael Nadeau en Artcuero.com
Este venres, 22 de febreiro, visítanos, para impartir unha master class ao alumnado da especialidade de Artesanía do Coiro da EMAO e a profesionais de obradoiros vigueses, un dos artesáns-artistas que aporta obra na exposición "100x100 Coiro" que se está a exhibir no Espazo EMAO; trátase de Michael Nadeau, un recoñecido mestre artesán, con obradoiro en Madrid e que ten recibido diversos premios nacionais polo seu traballo. Durante a sesión, cunha duración de catro horas, amosará especialmente a técnica de modelado en húmido da que é unha referencia no traballo en coiro en España. 
Con esta actividade complementaria da exposición producida pola nosa Escola, preténdese achegar ao alumnado e artesáns vigueses ás técnicas avanzadas, da man dun especialista de primeira orde.

Máis información...

Ningún comentario:

Publicar un comentario