12/03/2013

Premio Internacional de Cerámica Contemporánea Cerco 2013


Xa se abriu a convocatoria para o premio internacional de cerámica contemporánea CERCO 2013, dirixida a creadores ou equipos de traballo de calquera nacionalidade que presenten proxectos de obra cerámica non efémera, e susceptibles de instalarse no exterior. A actividade de CERCO concentrarase do 9 ao 12 de maio cunha nutrida axenda de exposicións e presentacións. O tema elixido é "Cerámica e paisaxe". A cerámica, como disciplina que recolle multitude doutras linguaxes e material que se pode manipular tal como atópase na natureza, aporta gran cantidade de elementos conceptuais a ter en conta á hora de abordar un tema como o proposto. Presentación de proxectos ata o 31 de maio.
Programación 2013

Ningún comentario:

Publicar un comentario