21/03/2013

XI Biennal Internacional de Ceràmica de Manises

Ten por obxectivo fomentar a creación e innovación nos ámbitos da cerámica artística e do deseño, así como promocionar o nome de Manises como cidade ceramista.
Establécense dúas especialidades diferentes: cerámica artística (de creación libre) e deseño de produto cerámico (industrial ou artesanal) enfocado a pezas de volume de carácter utilitario e/ou decorativo.
Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras, que deberán ser orixinais e estar realizadas no seu maior parte con materiais cerámicos. Na especialidade de cerámica artística as dimensións das obras deberán estar entre os 0,35 m e os 2 m. Na especialidade de deseño non hai restricións en canto ás medidas.
De entre as solicitudes presentadas seleccionaranse as obras que deberán enviarse ao Museu de Ceràmica de Manises antes das 19 h do 15 de setembro, e que permanecerán expostas do 14 de novembro de 2013 ao 19 de xaneiro de 2014.

Ningún comentario:

Publicar un comentario