10/04/2013

Exposición de Bosco Caride "Dry Vans" na Galería de Arte Lilliput & Librería Versus



O vindeiro venres, 12 de abril ás 20:30 h, inauguración da exposición de Bosco Caride "Dry Vans" na Galería de Arte Lilliput & Librería Versus (Venezuela, 80. Vigo). A Galería Lilliput é un pequeno espazo dedicado á arte situada dentro da librería Versus, en Vigo. Lilliput foi inaugurada o pasado 25 de maio de 2012 coa intención de converterse nun punto de encontro da comunidade artística, onde as persoas interesadas poidan acudir a diferentes actividades relacionadas co ámbito da cultura contemporánea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario