19/04/2013

Acto de Entrega dos Programas da Sociedade Filharmónica de Vigo

Avelino San Luis e Cayetano Rodríguez, foto de R.O.

Onte, xoves 18 de abril,  tivo lugar o acto de entrega dos programas da Sociedade Filharmónica de Vigo.
A Escola Municipal de Artes e Oficios e a  Sociedade Filharmónica de Vigo intercámbiaronse duplicados de programas dos anos vinte e trinta, depositados no fondo histórico da Biblioteca desta Escola, por outros programas das mesmas características dos anos 60 en adiante, dos que é depositaria a Sociedade Filharmónica. O acto iniciouse coa actuación da Orquesta de Alumnos de Grado Medio do Conservatorio Profesional que interpretou o Concerto Antigo de Quiroga e contou coa presenza do concelleiro de Industria, Turismo, Cultura e Festas, Cayetano Rodríguez Escudero, o presidente da Sociedade Filharmónica de Vigo, Avelino San Luis Costas e o director da Escola Municipal de Artes e Oficios, Rafael Ojea Pérez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario