5 de xuño de 2013

Este Venres, na Plaza do Paseo de Alfonso XII, Música e Pintura en Directo "Infusións Musicais"


Este venres 7 de xuño terá lugar de novo unha interacción entre música e pintura na que participa Luis Baltar (pintura) e David Muñiz (arpa celta). Será ás 21:00h na praza da fonte, situada no Paseo Alfonso XII de Vigo.
Música e pintura en directo dando vida a un diálogo no que ambas artes se enriquecen e se complementan mutuamente. Unha colaboración na que se busca establecer unha ponte entre diferentes disciplinas artísticas, de forma que o espectador chegue a experimentar por si mesmo de forma directa a conexión existente entre ambas artes.
Ao ver como xorde a pintura a partir da música ou viceversa Luís e David pensan que é posible espertar unha sensibilidade cara a unha visión máis global. Unha nova visión na que aos poucos todas as pezas do puzzle van encaixando por si soas para formar parte de algo maior. Os autores de Infusiones Musicais teñen a intención de espertar esa sensibilidade tanto nos demais como neles mesmos e queren compartir co espectador ese momento, vivindo de cerca a maxia e o misterio da creación artística.

Ningún comentario:

Publicar un comentario