12 de set. de 2013

Dúas Convocatorias Literarias da Asociación de Estudos Universitarios


A Asociacion de Estudos Universitarios puxo en marcha dúas novas iniciativas literarias:

- I Antología Internacional de Relato Curto Contemporáneo
- I Antoloxía Galega de Relato Curto

Teñen como finalidade descubrir, seleccionar e facer público e visible o importante e valioso traballo literario que se esconde entre vós/as e que ata agora se quedaba moitas veces oculto ou perdido por innumerables circunstancias. Estas dúas convocatorias pretenden dar recoñecemento a todas aquelas obras literarias seleccionadas e aos seus autores.
A edición destas dúas antologías de relatos abren así a porta a facer realidade un soño compartido, unha ilusión que cobra vida, onde só prima o esforzo e a calidade literaria de cada participante. Bases pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario