03/09/2013

I Encontro de Pintores no Parque Nacional das Illas Atlánticas


O vindeiro domingo, 22 de setembro, tera lugar o I Encontro de Pintores no Parque Nacional das Illas Atlánticas, baixo o título "Lenzos de Natureza". A participación e a inscrición serán gratuítas. O prazo de inscrición iniciarase ao día seguinte da publicación da convocatoria, ata o día 20 de setembro (inclusive) por orde de chegada. A inscrición realizarase cubrindo un formulario que estará dispoñible no Centro de Visitantes do Parque Nacional, Edificio Cambón, Rúa da Palma, 4. Casco Antiguo. Vigo, no Facebook: Cambón Illas Atlánticas. 
Para máis información pode dirixirse o enderezo eléctrónico: guiasveran@gmail.com
Data: Domingo 22 de setembro, se as condicións meteorolóxicas o permiten. 
Lugar de celebración: Cies , Ons, Sálvora e Cortegada. 
Horario: Saída dos portos de Vigo, Bueu, Aguiño, e Carril as 10:00H.
Inicio do certamen as 11:00H.
Reunión e entrega das obras as 19:00H, finalizando cun pequeño coloquio entre os participantes para compartir experiencias, sensacións e aportar suxerencias.
Regreso no barco as 20:00H.

Ningún comentario:

Publicar un comentario