3 de out. de 2013

Exposición "Vigo na Fundación Penzol" na Casa Galega da Cultura


50º ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN PENZOL 

A Fundación Penzol dentro dos actos conmemorativos do seu 50 aniversario, organiza unha exposición co título: VIGO NA FUNDACIÓN PENZOL. Mostra bibliográfica e documental que pretende render tributo e homenaxe a Vigo pola súa acollida e polo apoio recibido do seu Concello. 
Serán expostos 123 libros e documentos agrupados nas seguintes seccións:

 1. Cantores medievais do mar de Vigo
 2. Manuscritos 
 3. Mundo editorial 
 4. Libros de temática viguesa
 5. Materiais especiais (fotos, mapas, debuxos...) 
 6. Prensa e revistas. 

A inauguración, coa asistencia do Alcalde de Vigo, Abel Caballero Álvarez, terá lugar o día 10 de outubro, ás 12 horas na Sala de exposicións da Casa Galega da Cultura, sede da Fundación Penzol, e estará aberta ao público ata o 17 de novembro de 2013.

Ningún comentario:

Publicar un comentario