15/05/2015

"Zarzuela Galega vs. Zarzuela de Costumes Galegas" : Palestra de Javier Jurado Luque o 19 de Maio na Hemeroteca

Javier Jurado Luque

O Colectivo Pertenza organiza a palestra "Zarzuela Galega vs. zarzuela de costumes galegas" para o próximo martes, dia 19 de maio, ás 19,30, na nosa biblioteca.

A pesar da consideración inicial de que zarzuela de temática galega e zarzuela galega só se diferencian no idioma empregado, en realidade trátase de dous xéneros diferentes no que respecta ao idioma, decorados, participantes, escenografía. Aínda así, é ben certo que ambas tipoloxías estiveron cargadas ideoloxicamente polas políticas nacionalistas ou centralistas, propias de distintas épocas. Esta conferencia presenta as características de cada xénero ilustradas cun bo número de obras recuperadas polo poñente, Javier Jurado Luque.
Javier Jurado (Córdoba, 1961) é Titulado Superior en Música, Licenciado en Historia e Ciencias da Música e Doutor pola Universidade de A Coruña. Pertence ao “Consejo Científico Internacional” da revista “Música y Educación”, e director da revista de Etnomusicoloxía “Etno-Folk”, así como da editorial “Dos Acordes”. Dedicado profesionalmente a docencia, imparte aulas no Conservatorio Superior de Música de Vigo así como no Máster de Teatro e Artes Escénicas da Universidade de Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario