16 de dec. de 2013

A Emao e a Actividade Cultural da Cidade


Este fin de semana foi especialmente activo para algúns membros da comunidade educativa da Emao, á vez que se inauguraba unha exposición na Sala de Arte Apo'strophe baixo o título 12 Meninas, na que participaban entre outros Rosa García (mestra de Escultura e Talla en Madeira), José Manuel Ucha (alumno da mesma especialidade) e Rut Martínez (antiga mestra de Debuxo), no espazo expositivo Halcón Milenario (tripulado por Federico Fernández, Marián Núñez, Colomán e Germán Pintos, os dous primeiros mestres tamén da Emao) o noso mestre de Cerámica Artística Miguel Vázquez clausuraba a súa exposición RetroActivos.
 Parabéns a todos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario