25/01/2014

Imaxes da Inauguración da Exposición "Da Mimese á Creación"

O venres, 24 de xaneiro, tivo lugar a inauguración da Exposición DA MIMESE Á CREACIÓN que amosa o traballo do Obradoiro de Pintura da Escola Municipal de Artes e Oficios. O acto que contou coa presenza de numeroso público, comezou cunha performance a cargo de Laila Álvarez Viñoles, alumna de pintura. Seguidamente interviñeron o director da Escola Municipal de Artes e Oficios, Rafael Ojea Pérez, a comisaria da exposición, Paula Mariño Pazó, mestra de Pintura da EMAO e do presidente do organismo autónomo da EMAO, Santos Héctor Rodríguez Díaz. Esta exposición pretende ser unha fonda reflexión sobre o traballo de investigación que, sobre a forma e a cor, realiza desde o primeiro curso o alumnado da especialidade de Pintura. Móstranse estas distintas liñas de investigación, a partir, non só das obras, senón tamén de vídeos e fotografías que explican o proceso de evolución estilística de cada alumno e alumna ao largo dos tres cursos. Exhíbense desde os seus primeiros traballos de copia do natural -coa técnica do pastel e a acuarela-, ata os traballos en técnicas mixtas e óleo.


Lugar: Espazo EMAO (Sala de Exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo) (entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 24 de xaneiro ao 14 de marzo de 2014
Horario: Laborais, de luns a venres de 19:00 a 21:00 hora
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Coordinación: Paula Mariño Pazó, mestra de Pintura da EMAO

Ningún comentario:

Publicar un comentario