26/02/2014

Artigo sobre Emilio Fernández Rodal en Glaucopis


Mañá, xoves 27 de febreiro, ás 19:30 horas, Beatriz de San Ildefonso Rodríguez, conservadora do Museo de Pontevedra, presentará o seu traballo --recollido no número 18 do Boletín Glaucopis, do Instituto de Estudos Vigueses--, sobre Emilio Fernández Rodal, o artista plástico vigués, ao que a nosa Escola adicou unha exposición monográfica no mes de abril do pasado ano.
O acto terá lugar na sede do IEV, en Vigo, na rúa Cánovas del Castillo, 2 -2º.

Ningún comentario:

Publicar un comentario