6 de feb. de 2014

Exposición "Terra e Papel" de Fonso Castro



Últimos días para visitar a exposición Terra e Papel, no Pazo da Cultura de Pontevedra, ata o 9 de febreiro. Esta obra creada por Fonso Castro, é unha actuación artística sobre un libro, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que viu a luz en 1863, Vigo, na imprenta de Juan Compañel.
Esta colección de obras está dividida en catro grupos: libro escultura, encadernacións artísticas, instalacións e libro de artista. En todas as obras están os poemas que Rosalía escribiu para a primeira edición, tamén chamada “edición príncipe”, de Cantares Gallegos.
Na maioría das obras xógase con dous elementos o papel e o barro. Estes vanse unindo e complementando, de tal forma, que crean pezas únicas. Esta é unha das bases da formación do título da exposición, xunto coa orixe dos poemas de Rosalía e para quen vai dirixido, á súa querida Terra Galega. Os títulos das obras fan referencia a versos dos poemas e buscan incitar o espectador a ler e reler a obra de Rosalía. 


Data
19 de diciembre - 09 de febrero

Horario
De martes a venres de 17 a 21h
Sábados de 11 a 14 e de 17 a 21h
Domingos e Festivos de 11 a 14h

Ningún comentario:

Publicar un comentario