02/02/2017

Traballos de Restauración do Fondo Histórico na Biblioteca da Emao



Durante o curso pasado restauráronse varios libros e revistas do noso fondo histórico. Periódicamente traeremos ao noso blog algunhas destas obras para ver os resultados.

Hoxe ocupármonos da obra: Colección de trajes de España, tanto antiguos como modernos, que comprehende todos los de sus dominios: dividida en dos volumenes, con ocho quardernos de á doze estampas cada uno dispuesta y gravada por D. Juan de la Cruz Cano y Holmedilla... Tomo primero. 

Esta obra imprimiuse en Madrid no ano 1777.. En España non existían precedentes deste tipo de estampas que si eran moi comúns en Francia, onde o autor permaneceu durante oito anos pensionado pola Real Academia de San Fernando. A serie tivo un éxito case inmediato, tanto en España como no estranxeiro, onde se fixeron edicións fraudulentas en Francia e Alemania.  É a obra máis popular do gravador madrileño Juan de la Cruz Cano y Olmedilla que proxecto a colección como unha obra por entregas, dividida en dous volumes, con ocho cadernos de doce estampas cada un. O primeiro caderno saíu á venda en 1777, o sétimo e último en 1788, aínda que deste só se coñecen dez estampas. Dous anos despois falece o autor e deixa a obra incompleta. (Fonte: Biblioteca Nacional de España)
O noso volume só ten seis cadernos. O sexto contén "As castas de América" e só hai 4 estampas. O libro ten 67 follas. Cada folla é un gravado. Están numerados do 1 ao 64. A primeira folla e as dúas ultimas están sen numerar.
Está encadernado en holandesa ou media pel, o lombo e as esquinas son de pel chagrain cor marrón e os frontes de papel marmoleado. Está encadernación estaba en moi mal estado con as tapas moi sucias e deterioradas. O papel presentaba engurras e pliegues, cortes e ata perda de papel. O cartón fora atacado polos insectos e presenta numerosas galerías. O libro está cosido e encartonado con cinco cordeles. As guardas son tamén de papel marmoleado e como papel de tiro usáronse dous cantorales para a tapa anterior e a posterior.


A cor do papel marmoleado variou pola exposición á luz a longo dos anos. Tiña tamén suciedad superficial sobre todo na primeira páxina. Manchas de tinta, marcas de humidade, e resaltaban as galerías que provocadas polos insectos que fixeron verdadeiros túneles que percorrían o libro. Aínda que os gravados atópabanse en bo estado e o papel das páxinas interiores estaba ben conservado. Destacaba pola beleza dos gravados, a boa calidade do papel e as marabillosas marcas de auga.


Despois dos traballos de restauración donde a primado a conservación, é dicir intentar conservar todo o que libro ofrece, non foi posible utilizar o cartón das tapas, moi deteriorado, nin a pel das esquinas en moi mal estado. Utilizáronse cartones neutros cortados do mesmo tamaño que os orixinais, aos que se pegou o papel xa limpo e restaurado das tapas, limpáronse as follas de cantorales usadas como papel de tiro, as guardas... Reparouse o papel atacado polos insectos... Usáronse varios tipos de papel xaponés segundo o tipo de desperfecto a reparar. 
O lombo orixinal foi restaurado con papel xaponés tinguido cunha cor similar. A pel hase lijado un pouco, cunha lija suave para darlle un aspecto envellecido. Aplicóuselle unha capa de cera Cire 212.


Este é o resultado, puidemos ser fieis á estrutura do libro e este non perdeu a súa identidade.


3 comentarios:

  1. Boas tardes, poderiadesme dicir se contén grabados de traxes galegos? Grazas.

    ResponderEliminar
  2. Non, lamentablemente non ten ningún traxe relacionado con Galicia. Aínda así ten uns gravados excelentes.

    ResponderEliminar