5 de feb. de 2014

Festival Miradas de Mulleres 2014 en Galicia


Por vez primeira o festival Miradas de Mulleres, que promove a nivel estatal o colectivo Mujeres en las Artes Visuales, desenvolverá en Galicia parte do seu programa. Paula Cabaleiro é a responsable de coordinar o desembarco da iniciativa, que chega ao noso país con nada menos de 28 sedes entre galerías, museos e institucións. No programa alternan exposicións individuais e colectivas, proxeccións, coloquios ou xornadas. Aínda que as actividades arrincan xa o 6 de febreiro coa exposición Xénero e artes visuais en UVigo, na Sala X de Pontevedra, o acto inaugural desenvolverase o vindeiro 8 de marzo na sede da Deputación de Lugo
O Festival Miradas de Mulleres é unha iniciativa de MAV, Mulleres nas Artes Visuales, unha asociación interprofesional e de ámbito estatal sen ánimo lucrativo formada por 400 profesionais no sector das artes plásticas en España.

O propósito principal do Festival Miradas de Mulleres, creado en 2012 pola artista Mareta Espiñenta, é o de difundir o papel da muller dentro de todos os ámbitos profesionais das artes visuales, desde a creación artística ao comisariado, a crítica, a investigación e a xestión.

Con este obxectivo, o Festival invita a museos, galerías, centros de arte, museos e universidades a sumarse con mostras e actividades de mulleres artistas durante o mes de marzo, co obxecto de aglutinar o maior número de exposicións protagonizadas por mulleres e ocupar a axenda expositiva deste mes, a escala nacional e, desde este ano, internacional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario