3 de feb. de 2014

Próxima Exposición "Galicia Terra de músicos. A Recuperación do Noso Patrimonio"


Próxima Exposición
 no 
 Galicia Terra de Músicos. A recuperación do noso Patrimonio
Do 7 de febreiro ó 16 de marzo de 2014 

Esta exposición recolle unha escolma selecta das moitas imaxes, partituras, documentos e testemuños escritos e sonoros que, desde hai catro anos, veñen enriquecendo o “Proxecto virtual de Recuperación do Patrimonio Musical Galego, séculos XIX-XX”. A eles xúntase a colaboración xenerosa de todas as persoas que queiran poñer a disposición pública calquera descuberta que contribúa a tecer, o máis completo posible, o lenzo sonoro da contemporaneidade do país. Achéguense pois, e escoiten o recendo das cen follas; de fotografías, partituras, instrumentos, e tamén da música. Dunha Galicia que sendo diversa, non deixa de ser ela mesma; dunha Galicia, coa música na pel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario