20 de feb. de 2014

Taller de Máscaras de Látex Impartido por Alberto Hortas


A Agrupación Cinematográfica Galega  infórmanos da organización  dun taller de Máscaras de Látex, impartido por Alberto Hortas que podería ser interesante para os nosos alumnos. Dirixido entre outros a escultores/ás, artistas, maquilladores/ás, escenógrafos... os alumnos aprenderán a deseñar un personaxe para modelalo en arxilas gris desenvolvendo técnicas en modelado, con moldes de escaiola exadura e reproducindo as máscara en látex para moldes e escuma poliuretano flexible. Ademais poderán saber técnicas para pintar este material con pinturas especiais que se agarren a este material e cuns acabados verosímiles.  
Período de inscrición do 11 de febreiro ao 23 de marzo, ambos os dous inclusive.
Máis información sobre o taller aquí .


Ningún comentario:

Publicar un comentario