27 de mar. de 2014

A Reconquista de Vigo na Biblioteca da Emao

A Festa da Reconquista en Vigo rememora a participación da cidade na Guerra da Independencia española, e conmemora a retirada dos franceses tras dominar a cidade a comezos do século XIX. O 28 de Marzo de 1809, un alzamiento popular permitiu recuperar Vigo da ocupación das tropas napoleónicas. Este fito histórico, que os vigueses conmemoran coa A Reconquista, deulle a Vigo o título de cidade, un paso no desenvolvemento histórico e social de Vigo. Para os exércitos de Napoleón, foi a primeira ocasión na historia en que debían retirarse dunha praza conquistada en Europa. 
A continuación tedes unha pequena selección de publicacións referentes a estes acontecementos que se conservan na nosa biblioteca, algunhas pertencen ao fondo histórico e outras son publicacións máis recentes. Bibliografía. Pdf.

Ningún comentario:

Publicar un comentario