11/03/2014

Exposición de Arturo Souto na Fundación Laxeiro


Arturo Souto, nove óleos sobre lenzo 
Ciclo Os Novos II 
Inauguración: venres, 14 de marzo, 20.00h. 
14 de marzo – 22 de xuño 
Colabora:  


Arturo Souto (Pontevedra, 1902 – México 1964), é un artista que desempeñará un papel importante na configuración do que se chamou a estética granítica, un concepto que serviu para definir a forma de pintar dos Renovadores no primeiro terzo do século XX e que tivo continuidade en anos posteriores de forma diferente en cada autor do devandito grupo. A obra que se mostra nesta exposición, lonxe de consistir en bosquexos e debuxos preparatorios, está formada por nove óleos sobre lenzo, datados entre 1930 e 1962. Trátase de obras moi destacadas dentro da traxectoria do artista, moitas delas profusamente documentadas en diversas publicacións que son xa parte da imaxe de marca deste singular pintor.
Lugar: Fundación Laxeiro (Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario